Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e
no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).
Denominación: recuamento L.M.T., C.T. paseo marítimo.
Situación: Cee.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 270 m de lonxitude, coa orixe no tramo de liña existente que alimenta o C.T. Perdigóns e final na liña que alimenta o C.T. Cruceiro de Waldomar unha vez entre e saia do C.T. paseo marítimo, que se vai instalar.
Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón de 630 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV no paseo marítimo. Concello de Cee.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 24 de marzo de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña