Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.802

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO do 7 de maio de 2003, da Xunta Electoral Provincial da Coruña, polo que se fai pública a distribución de espacios gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública en relación coas eleccións locais convocadas polo Real decreto 374/2003, do 31 de marzo, aprobada por esta Xunta Electoral Provincial da Coruña, en sesión do día da data por proposta da Comisión de Radio e Televisión, segundo establece o artigo 65.5º da Lei orgánica do réxime electoral xeral.

En cumprimento co previsto na norma oitava da Instrucción da Xunta Electoral Central do 13 de setembro de 1999, dictada en desenvolvemento do artigo 66 da Lei orgánica do réxime electoral xeral, ordénase a publicación no Diario Oficial de Galicia deste anuncio polo que se fai pública a aprobación por esta Xunta Electoral Provincial da Coruña, en sesión do día da data, da distribución de espacios gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública en relación ás eleccións locais convocadas polo Real decreto 374/2003, do 31 de marzo, que se vai celebrar o 25 de maio deste ano, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión, segundo establece o artigo 65.5º da mencionada Lei orgánica do réxime electoral xeral.

A teor do previsto na citada instrucción, as entidades políticas afectadas poderán examina-la referida distribución de espacios gratuítos nas dependencias desta Xunta Electoral Provincial, sita no edificio da Audiencia Provincial, r/ Capitán Juan Varela, s/n, desta cidade da Coruña, no prazo preclusivo dun día desde a publicación desta resolución, e formular no dito prazo os recursos que consideren pertinentes.

A Coruña, 7 de maio de 2003.

Julio C. Cibeira Yebra Pimentel

Presidente da Xunta Electoral Provincial da Coruña