Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 13 de marzo de 2003, do Servicio de Protección do Patrimonio Cultural, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador S-P-24/02, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), notifícaselle a resolución do expediente sancionador S-P-24/02 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patri

monio cultural de Galicia, á persoa que a seguir se relaciona.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2003.

Mª Isabel Martínez-Pedrayo Valeiras

(P.A. Ángel Rubín Fernández)

Xefa de Servicio de Protección do Patrimonio Cultural

ANEXO

Nº de expediente: S-P-24/02.

Interesado: José Pousa Sindín.

Enderezo: rúa Redondo, nº 57. San Paio de Navia. 36212 Vigo (Pontevedra).

Asunto: construcción dun muro de peche nunha parcela situada sobre o Castro do Redondo en San Paio de Navia, Barrio de Quintela, na rúa Redondo nº 49-51, en Vigo (Pontevedra), sen contar coa previa e preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e o incumprimento das suspensións de obras acordadas por esta consellería.

O xácigo arqueolóxico do Castro do Redondo está inventariado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural coa clave de identificación GA 36057030, e recollido no PXOU de Vigo (BOP nº 133, do 14-7-1993).

Así mesmo, inclúese dentro da zona de protección do Muíño de Vento de Navia, ben etnográfico inventariado (VI 04457055), recollido no Catálogo das Normas Complementarias e Subsidiarias de planeamento das catro provincias galegas, aprobado pola orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 3 de abril de 1991.

Precepto infrinxido: artigos 90 g) e 91 i) da Lei 8/1995, do 30 outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Sanción imposta: cinco mil (5.000) euros.