Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2003 sobre autorización de apertura de novos establecementos da axencia de viaxes Viajes Vincit, S.L., con casa central na rúa Cánovas del Castillo 22, 2º oficina 1, Vigo.

Examinado o expediente instruído por instancia de José Manuel Maciñeiras Corral, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Viajes Vincit, S.L., titular da axencia de viaxes Viajes Vincit, S.L. do grupo maiorista-retallista, con XG-183 e casa central na Rúa Cánovas del Castillo 22, 2º oficina 1, Vigo, en solicitude da autorización de apertura de novos establecementos en: Cánovas del Castillo 22, entresollado, Vigo; Cánovas del Castillo 24, Vigo; Gran Vía 31, Vigo; Estrecha de San Andrés 17, A Coruña; Rúa Compostela 1, A Coruña e avda. de Figueroa 6 , Santiago de Compostela.

Resultando que, coa referida solicitude, se achegou toda a documentación que se indica no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en mate

ria de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que na empresa solicitante e nos novos establecementos da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado decreto para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Viajes Vincit, S.L., do grupo maiorista-retallista, con XG-183, e casa central en Cánovas del Castillo 22, 2º oficina 1, Vigo, da que é titular Viajes Vincit, S.L., a apertura de novos establecementos en: Cánovas del Castillo 22, entresollado, Vigo; Cánovas del Castillo 24, Vigo; Gran Vía 31, Vigo; Estrecha de San Andrés 17, A Coruña; Rúa Compostela 1, A Coruña e avda.

de Figueroa 6, Santiago de Compostela, que poderán exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. As ditas sucursais quedarán inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo