Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/30-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T. e C.T., parque empresarial O Barco, 1ª fase.

Situación: O Barco de Valdeorras, 1ª fase.

Características técnicas: liña a 15 kV de 974 m aérea na súa orixe, máis 900 m subterránea, con orixe no apoio que serve de derivación ó C.T. Viloria, e alimenta os CCTT nº 4 e 3 proxectados do tipo prefabricado no parque empresarial, con 630 kVA cada un e R/T 15.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 11 de marzo de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense