Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 9 de abril de 2003, do Servicio de Informes e Recursos da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00043-I-2003 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo inciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito, perante a Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 9 de abril de 2003.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servicio de Informes e Recursos e Instructor

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00043-I-2003

PO-3221-X

3325183846L145100493

Trans. A. García e Hijos, S.L.

Avda. Martínez Garrido, ent. ofic.

360 Vigo (Pontevedra)

Realizar transporte de mercadorías (madeira) co vehículo matrícula PO-3221-X (vehículo ríxido de 4 eixes) que está provisto dunha autorización da clase MDP-local; o citado vehículo está autorizado cunha MMA de 38.000 kg e presenta un peso total en báscula móbil modelo Haenni WL 103, nº 1851 e 1852, de 40.800 kg, o que supón realizar transporte cun exceso de peso de 2.800 kg, que representa un 7% de exceso sobre a MMA do vehículo.

20-2-2003; 10.38; N-634; 693

Art. 200.3º R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

360 euros

DX-00052-I-2003

C-0937-BH

3325183846L145100493

Transportes Golanpor, S.L.

Urbanización Los Tilos, 12 A

15886 Teo (A Coruña)

Realizar transporte de mercadorías (formigón) co vehículo matrícula C-0937-BH (vehículo ríxido de 4 eixes) o cal carece de autorización de transportes (tarxeta); o citado vehículo está autorizado cunha MMA de 36.000 kg e presenta un peso total en báscula móbil modelo Haenni WL 103, nº 1688 e 1694, de 41.200 kg, o que supón realizar transporte cun exceso de peso de 5.200 kg, que representa un 14% de exceso sobre a MMA do vehículo.

28-1-2003; 11.51; N-550; 59

Art. 200.3º R.D. 1211/1990.

Art. 90 Lei 16/1987 e

art. 41 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

2.400 euros