Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/39-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: auto-transformador liña 2 Casaio-subestación do Barco de Valdeorras.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Descricións técnicas: auto-transformador de 6.300 kVA, R/T 15/20 kV en recinto contiguo ó auto-transformador existente que alimenta a liña 2 de Casaio, co que adapta en paralelo. A entrada e saída dos conductores realízase polas canles existentes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 17 de marzo de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense