Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003 pola que se anuncia concurso para contrata-la redacción do proxecto básico e de execución do novo centro cívico e social, así como a correspondente dirección facultativa.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Ourense.

Dependencia na que se tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.

Número de expediente: 207/2003.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: concurso para contrata-la redacción do proxecto básico e de execución do novo centro cívico e social que se construirá na rúa Colón, 20 e Cervantes, 22; así como a posible contratación da dirección facultativa das obras.

Prazo de execución: o prazo máximo de execución deste contrato será de 6 meses; este prazo declárase expresamente mellorable. O posible contrato de dirección facultativa terá idéntica duración da do contrato que trae causa.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Redacción do proxecto: 63.009,06 euros.

Dirección da obra: 29.947,84 euros.

5. Fianzas.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

Entidade: Negociado de Infraestructuras.

Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

Localidade e código postal: Ourense, 32005.

Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos.

Poderán concorrer a este concurso as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Prazo de presentación de proposicións: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o último anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello, sito na praza Maior, 1, de 9 a 13 horas.

Localidade: Ourense.

Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: Concello de Ourense.

Enderezo: Praza Maior, 1.

Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de condicións técnicas, xurídicas e económicas do concurso.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 2 de abril de 2003.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde