1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Sanidade.
b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.
c) Número do expediente: C/173-2003.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición de material funxible para a toma de mostras que se van analizar na investigación da BSE.
b) Número de unidades que se van entregar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) División por lotes e número: non hai.
d) Lugar de entrega: Cicre Frigoríficos Lugo, S.A., Laxe, Riopedroso s/n, Chantada (Lugo).
e) Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.
4. Orzamento base de licitación. Importe total: douscentos seis mil seiscentos vinteseis euros con trinta e oito céntimos de euro (206.626,38 A).
5. Garantía provisional: non.
6. Obtención de documentación e información: Consellería de Sanidade, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 36 18 e telefax: 981 54 27 62.
7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses contados desde a data de presentación de ofertas.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9 horas, na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do quinto día contado desde a finalización do prazo de presentación das ofertas.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destes gastos ascende a dous mil euros (2.000 A).
11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria onde se poden obte-los pregos: www.sergas.es.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2003.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos