Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 3 de abril de 2003 de notificación de proposta de resolución de expediente sancionador.

Por medio do presente edicto faise saber que por parte do instructor de Augas de Galicia se dictou proposta de resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente ás infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da proposta de resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución referida no anexo e se lle comunica que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, encóntranse á súa disposición nas oficinas do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte do Organismo Autónomo Augas de Galicia na Coruña (rúa Wenceslao Fernández Flórez, 1-2º), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta proposta de resolución, o interesado poderá formular alegación, no prazo de quince días contado desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ante o devandito servicio territorial.

A Coruña, 3 de abril de 2003.

Luis Villaroya Lozano

Instructor

ANEXO

Expediente número: DH.D15.16069.

Persoa interesada: Esperanza Mª Carmen Vázquez Rodríguez.

Domicilio que consta no expediente: r/ Juan Flórez, 76-1º, 15005 A Coruña.

Acto administrativo: proposta de resolución de data 7-3-2003.

Preceptos infrinxidos: artigo 315 i) e j) do Regulamento do dominio público hidráulico.

Sanción proposta: 3.005,06 A.