Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a adxudicación do concurso público, realizado mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación con carácter de contrato administrativo especial dos servicios de cafetería e perruquería en centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 7 de febreiro de 2003, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Esta delegación provincial unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la adxudicación do concurso público en centros dependentes desta delegación provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº de expediente: Cafeterías: 32/2002, Perruquerías: 33/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: servicios de cafeterías y perruquerías.

c) Boletín o diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación.: DOG nº 223, do 19 de novembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: procedemento aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Canon mínimo de explotación.

Servicio de cafetería: 60 A anuais.

Servicio de perruquería: 60 A anuais.

5. Adxudicación.

* Cafeterías:

* Centro Social de Baiona. Deserto.

* Centro Social de Coia. Vicenta Lorenzo Conde. Canon: 60 A anuais.

* Centro Social de Tui. Juan Carlos Llamas Colino. Canon: 60 A anuais.

* Residencia de Maiores de Marín. Raimundo Calviño Touriño. Canon.: 60 A anuais.

* Residencia de Maiores Válidos Meixoeiro-Vigo. Clara Álvarez Rodríguez. Canon: 60 A anuais.

* Residencia de Maiores Asistida. Peregrina Santos Nogueira. Canon.: 60 A anuais.

* Casa do Mar de Vilagarcía. Carmen Lodeiro Barcala. Canon: 250 A anuais.

* Casa do Mar de Baiona. Servicios Hosteleros Leyenda y Comesaña, S.C. Canon: 60 A anuais.

-Data de adxudicación: 30-12-2002.

* Perruquerías:

* Perruquería Donas e Cabaleiros Centro Social do Porriño. Deserto.

* Perruquería Donas e Cabaleiros Centro Social de Vilagarcía. Filomena Gómez Calvo. Canon: 60 A anuais.

* Perruquería Cabaleiros do Fogar do Maior de Pontevedra. Fermín Blanco Barros. Canon: 60 A anuais.

-Data de adxudicación: 30-12-2002.

* Perruquería de Donas do Fogar do Maior de Redondela. Carmen Justo Pintos. Canon: 60 A anuais.

-Data de adxudicación: 6-3-2003.

Nacionalidade: españois.

Vigo, 21 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 7-2-2003)

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais