Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 1 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios relacionado no anexo, de referencia OU 469/02 IN, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do expediente sancionador correspondente, por presunta infracción á Lei 81/1968, do

5 de decembro, sobre incendios forestais e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa resolución do 24 de xaneiro do 2002, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que esta resolución adquira firmeza (a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Prazos establecidos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación:

-As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

-As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presentase, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 1 de abril de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 469/02 IN.

Denunciado: Carlos Hipólito Díaz Marugán.

DNI: 09962098-X.

Último enderezo coñecido: Sol, nº 54, Palacios de Villafranca.

Feito denunciado: abandono de vehículo

LE-5374-D.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e Industrias Forestais.

Sanción: 300,51 euros.