Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, mediante concurso público, procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación do servicio de restauración e limpeza das instalacións e mantemento e limpeza da piscina do campamento xuvenil de Penedos de Xacinto-Entrimo (Ourense).

A Delegación Provincial en Ourense da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que de seguido se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 6/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: restauración e limpeza das instalacións e mantemento e limpeza da piscina do campamento xuvenil de Penedos de Xacinto-Entrimo (Ourense).

b) Lugar de execución: campamento xuvenil de Penedos de Xacinto-Entrimo (Ourense).

c) Prazo de execución: desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 63.924,90 A.

5. Garantía.

a) Definitiva: 4% prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n, Ourense 32004.

c) Teléfono: 988 38 60 96, telefax: 988 38 60 87.

d) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborales, agás sábados, de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: as que se indican no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do R.D. 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da LCAP. Cando as disposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición de envío na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988 38 60 87) ou telegrama, no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Camiño Prado Loña, s/n, Ourense 32004.

c) Data: o décimo día natural contado a partir do seguinte aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das mesmas terá lugar no día hábil seguinte.

d) Hora: a partir das 14 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 7 de abril de 2003.

P.D. (Orde 14-3-2003)

Isidro J. Cabero Juárez

Delegado provincial de Ourense