Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento L.M.T., D.C. San Caetano-Ordes nas Cancelas-Mallou.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: recuamento liña eléctrica de media tensión dobre circuíto de San Caetano-Ordes no lugar das Cancelas-Mallou, de 735 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm, coa orixe a 65 m do C.T. Palas-Salgueiriños e final na torre metálica no límite noroeste da urbanización. Concello de Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 17 de marzo de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña