Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.581

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2003 pola que se elevan a definitivas as listas provisionais de admitidos e excluídos nas probas para a obtención da capacitación profesional para a actividade de transportista por estrada, axencia de transportes, transitario e almacenista-distribuidor, convocadas por resolución da Dirección Xeral de Transportes do 7 de abril de 2003.

En xuntanza celebrada o 7 de abril de 2003, para dar cumprimento ó establecido na Resolución do 7 de xaneiro de 2003, pola que se convocan probas para a obtención da capacitación profesional para a actividade de transportista por estrada, axencia de transportes, transitario e almacenista-distribuidor, este tribunal

ACORDOU:

Elevar a definitivas as listas de admitidos e excluídos nas devanditas probas, unha vez finalizado o prazo establecido para a presentación de documentación por parte dos aspirantes, e anuncia-la súa exposición pública, de conformidade coa base cuarta punto 4 da resolución da convocatoria, nos organismos seguintes: servicios centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, servicios provinciais de Transportes e nas delegacións provinciais da devandita consellería.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado, e quedará expedita a vía procedente.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2003.

David González Coalla

Presidente do tribunal