Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 54 do 7 de marzo de 2003 (correción de erros BOP nº 64, do 19 de marzo) publícanse as bases xenéricas e específicas das probas selectivas para cubrir en propiedade as prazas vacantes no cadro de persoal funcionario correspondentes á oferta pública de emprego de 2002, que teñen as características que se indican de seguido:

Clasificación: escala de Administración especial, subescala servicios especiais. Clase: policía local. Categoría: garda. Número de vacantes: 1. Denominación/sistema de selección: garda da policía local. Oposición libre.

Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativo, clase administrativo. Número de vacantes: 1. Denominación/sistema de selección: administrativo/concurso promoción interna.

O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ó da inserción do presente anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no taboleiro de edictos deste concello e no BOP, se é o caso.

A Pobra do Caramiñal, 19 de marzo de 2003.

Isaac Maceiras Rivas

Alcalde-presidente