Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a solicitude de declaración de augas minero-medicinais e termais do manancial denominado As Caldas do Bispo ou Fonte da Chavasqueira número 70, no concello de Ourense.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Ourense, dá a coñecer que por instancia do Concello de Ourense, con domicilio en praza Maior, nº 1 (Ourense), solicitou a declaración de augas minero-medicinais e termais

para o manancial das Caldas do Bispo ou Fonte da Chavasqueira nº 70 sito no concello de Ourense.

O que se fai público co disposto no artigo 39 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto y artigo 4 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, da Xunta de Galicia.

Ourense, 11 de marzo de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense