Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de marzo de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas de expedientes sancionadores (374/2002 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación, a notificación de aperturas de expedientes sancionadores instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 374/2002.

Denunciado: Eliemi, S.L.

Enderezo: praza de España, 21-Pontevedra.

Nº de expediente: 10/2003.

Denunciado: Azcuba Promociones y Obras, S.A.

Enderezo: r/ Benito Blanco Rajoy, 7-1º, 15006 A Coruña.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ó da publicación deste edicto para poderen examina-los expedientes no Servicio Provincial de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (r/ Said Armesto, 1-Pontevedra) e presentar ante o citado servicio, as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 26 de marzo de 2003.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial

de Estradas de Pontevedra