Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.530

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de marzo 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial e calendario laboral do convenio colectivo da empresa Stolt Sea Farm, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial e calendario laboral do convenio colectivo de Stolt Sea Farm, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-1-2003 e complementado o 28-2-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 17-1-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de marzo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta

En Lira, Carnota, sendo as 10 horas do día 17 de xaneiro de 2002, co obxecto de realiza-la revisión do calendario laboral e das táboas salariais para o 2003 de acordo co convenio colectivo de Stolt Sea Farm, S.A., reúnense as seguintes persoas:

Pola parte social:

Juan M. Saborido Rama.

Leopoldo Fernández Lariño.

Víctor Pena Caamaño.

Esteban Martínez Fondo.

Domingos Ramos Pérez.

Pedro Pazos Redonda.

Fco. Xavier Fernández García.

Pola parte empresarial:

Pablo García Rodríguez.

Ambas partes recoñécense mutuamente capacidade legal para revisa-las táboas salariais do convenio colectivo de Stolt Sea Farm, S.A., así como o calendario laboral para o ano 2003.

Confeccionánse as novas táboas salariais para o ano 2003, aplicando o criterio establecido no artigo 30 do convenio, as cales se achegan como anexo I a esta acta; así como o calendario laboral para o ano 2003 como anexo II.

Así mesmo acórdase autorizar a Juan Manuel Saborido Rama, para a presentación e rexistro das táboas salariais.

Sen máis asuntos que tratar levántase a reunión no lugar e a data arriba sinalados, asinando a presente acta en proba de conformidade con esta.

ANEXO I

Táboa salarial 2003

Solt Sea Farm, S.A.

CategoríaSalario bruto

anual

Sal. base mens.

(15 pagas)

Valor hora

extra

Comp. asist.

euros/mes

*Producción

Subalternos10.065,64671,049,8745,01

Oficial 3ª10.963,52730,9110,75(x12 meses)

Oficial 2ª11.736,20782,4211,51

Oficial 1ª12.529,73835,3212,30

Encargado 2ª12.843,04856,2012,60

Encargado 1ª15.255,041.01714,96

Vixilante15.262,951.017,5314,97

Técnico19.294,831.286,3218,93

Técnico superior32.190,972.146,0631,57

*Administración

Auxiliares10.065,64671,049,87

Oficial 3ª11.485,55765,7011,27

Oficial 2ª12.843,05856,2012,60

Oficial 1ª14.618,11974,5414,34

Técnico superior25.692,101.712,8025,20

Gardas de sábados, domingos e festivos: 38,44

Garda permanente: 114,23

Complemento dispoñabilidade: 10,31

ANEXO II

Calendario laboral 2003

Stolt Sea Farm, S.A.

Mes

Festivos

Vacacións

Días

totais

trab. ano

Horas

totais

trab. ano

H. trab. ano

segundo

conv.

Difern. h.

anuais

h. convenio

Xaneiro1,6
Febreiro302291.8321.784+48
Marzo
Abril17,8díasdíashorashorashoras
Maio1,17
Xuñonaturais
Xullo25
Agosto15
Setembro1,6
Outubro
Novembro1
Decembro6,8,25
+2 festivoslocais