Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.516

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-los seguintes servicios:

Ambulancia de soporte vital básico con base en Bergondo (expediente 008/2003), Betanzos (expediente 009/2003), Ferrol con dúas ambulancias (expediente 010/2003), Oleiros (expediente 011/2003) e Pontedeume (expediente 012/2003).

Ambulancia de soporte vital avanzado con base en Ferrol (expediente 013/2003).

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Publica Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sitas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta, 15706 Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, ata o 20 de maio de 2003 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, das 12 ás 14 horas, ou a través da Internet, no seguinte enderezo: www.sergas.es, ata o 20 de maio de 2003 (incluído). No caso de precisar máis información poden chamar ó teléfono 981 54 64 31.

Apertura de sobres: os sobres nº 2 (referencias técnicas) e nº 3 (proposición económica) abriranse o día 28 de maio a partir das 11 horas.

Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2003.

Blanca García Varela

Directora da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061