Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PES 1/2003).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 21 de febreiro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o plan especial de mellora de infraestructuras da área de planeamento remitido C17.01 Urbanización Breogán, promovido polo concello.

Segundo.-Notificárlle-lo acordo de aprobación inicial ós propietarios afectados, conforme o establecido no artigo 86.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Terceiro.-Someter a información pública polo prazo dun mes de duración o documento que contén o plan especial, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, e en dous dos xornais de maior circulación da provincia; o anuncio deberá publicarse, neste último caso, en dous días consecutivos.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa Parque s/n, en horario laboral das 12 ás 13.30 horas, de luns a venres.

A Coruña, 24 de febreiro de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo