A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario Xeral-Cíes de Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.
c) Número do expediente: C.P. 17/2003.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servicio de xestión integral de residuos.
b) Lugar de entrega: ver pregos.
c) Prazo de entrega: ver pregos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación. Importes totais: catrocentos quince mil setecentos oitenta e cinco euros (415.785).
5. Garantía provisional: equivalente ó 2% do importe de licitación.
Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Complexo Hospitalario Universitario Xeral-Cíes de Vigo.
b) Domicilio: Pizarro, 22.
c) Localidade e código postal: 36204 Vigo.
d) Teléfono: 986 81 59 37. E-mail: contrataciones.xeralcies*sergas.es
e) Telefax: 986 81 60 29.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: grupo S, subgrupo 4, categoría B.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: 14 de maio de 2003.
b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario Xeral-Cíes de Vigo.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses a contados desde a data de apertura das ofertas.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas: 26 de maio de 2003, 8.30 horas, sala de xuntas do Complexo Hospitalario Universitario Xeral-Cíes de Vigo.
10. Outras informacións: o anuncio de información previa foi publicado o 27-2-2003 no DOCE nº 2003/S 41-035331.
11. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios, o importe máximo estimado é de 3.500.
12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 8 de abril de 2003.
13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es
Vigo, 26 de marzo de 2003.
Manuel Sánchez Delgado
Director xerente do Complexo Hospitalario
Xeral-Cíes de Vigo