Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de depósito de inertes da construcción e demolición na areeira Vilachá, promovido por Labio Xestión, S.L. no concello de Lugo (Lugo).

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), e durante o prazo de trinta (30) días, o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de depósito de inertes da construcción e demolición na areeira Vilachá, promovido por Labio Xestión, S.L., no concello de Lugo.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2003.

José Luis Díez Yánez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental