Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a modificación do proxecto sectorial do parque eólico denominado Álabe-Leste, aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 28 de novembro de 2002.

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión do 28 de novembro de 2002, aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Álabe-Leste, promovido pola empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., de conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de novembro de 1997, polo que se aprobou o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, actualmente modificado por Acordo do 5 de decembro de 2002.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, polo cal a modificación dos plans ou proxectos sectoriais se someterán por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública, mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior audiencia na Comunidade Autónoma e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto.

RESOLVE:

Someter a información pública a modificación do proxecto sectorial do parque eólico denominado Álabe-Leste, aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 28 de novembro de 2002, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados disporán do citado prazo dun mes para examina-lo proxecto sectorial na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e no Concello do Valadouro, e presentar ante estes organismos as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO