Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 17 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/80).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Aguiño-rúa Castelao.

Situación: Ribeira.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, de 615 m de lonxitude, en conductor 240 mm, que parte do C.T. Aguiño II e final no C.T. prefabricado de 250 kVA en Aguiño-rúa Castelao.

Liña eléctrica subterránea de media tensión de 125 m de lonxitude, en conductor 95 mm, que parte do C.T. Aguiño-Castelao e final no cruzamento das rúas Castelao-Manuel Murgía dirección a C.T. Aguiño igrexa. Concello de Ribeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de marzo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña