Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2003, da Dirección Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 136/2003 interposto pola Federación Galega de Hockey, contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva do 27 de decembro de 2002 desestimatoria do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 26 de xullo de 2002.

A Dirección Xeral para o Deporte recibiu da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo nº 136/2003 interposto pola Federación Galega de Hockey, contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva do 27 de decembro de 2002, desestimatoria do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 26 de xullo de 2002.

En consecuencia esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2003.

Eduardo Lamas Sánchez

Director xeral para o Deporte