Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/475-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: adecuación instalacións L.M.T. e R.B.T. zona seminario-O Meixoeiro.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, 150 m de lonxitude, conductor tipo LA-56, desde un apoio existente da L.M.T. SDM 7.11, próximo ó C.S. Residencia O Meixoeiro ata o apoio proxectado tipo CH-1600/15 desde o que continúa a liña subterránea ó C.T. Residencia O Meixoeiro. Variante L.M.T. subterránea, a 15 kV, conductor tipo R.H.V., 100 m de lonxitude desde el apoyo que se vai colocar tipo CH-1600/15 na L.M.T. SDM 7.11 á altura do cruzamento da estrada vella de Madrid co camiño Tixolo, rematando no apoio que se vai colocar tipo CH-160/13 na mesma liña, á altura do cruzamento da estrada vella de Madrid coa rúa Naia. L.M.T., subterránea, a 15 kV, conductor tipo R.H.V., 500 m de lonxitude, desde o apoio que se vai colocar tipo CH-1600/15 na L.M.T. SDM 7.11, á altura do cruzamento da estrada vella de Madrid co camiño Tixolo, rematando no apoio que se vai colocar tipo CH-1600/15 desde o que se realizan as derivacións ós CC.TT. Prebetón, instituto politécnico, Sello e Emavisa Sello.

Recuamento R.B.T., L.M.T. SDM 7.11 á altura do cruzamento da estrada vella de Madrid co camiño Tixolo, rematando no apoio que se vai colocar tipo CH-1600/15 na mesma liña. Recuamento R.B.T. aérea de 40 m de lonxitude, conductor tipo R.Z., desde varios CC.TT. recuamento R.B.T. subterránea de 1.513 m de lonxitude con conductor tipo R.V., desde varios CC.TT.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decre

to 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 14 de marzo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra