Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto do pase a concesión de explotación Lufrada 2726, da provincia de Pontevedra e promovida por Granitos Porrisal, S.L.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación,

o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto do pase a concesión de explotación Lufrada 2726, situada en terreos dos concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior, provincia de Pontevedra e solicitado por Granitos Porrisal, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da delegación provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas