Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.401

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 24 de abril de 2003 pola que se designa o vicepresidente do consello regulador da denominación de orixe Valdeorras.

De conformidade co disposto no Regulamento da denominación de orixe Valdeorras e do seu consello regulador, aprobado pola Orde do 24 de febreiro de 1977, e no Decreto 63/2002, do 28 de febreiro, polo que se regulan os procesos electorais para a renovación dos membros dos consellos reguladores de denominacións de calidade en materia agroalimentaria, trala proposta do pleno do consello regulador do 15 de abril do presente e conforme as atribucións que me veñen conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Desígnase vicepresidente do consello regulador da denominación de orixe Valdeorras a Ángel Jesús López Vicente.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2003.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA