Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 419 e 393/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ás persoas que de seguido se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos. O seu número cítase no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñe-lo interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun

mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma haberá de aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da delegación provincial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 3 de abril de 2003.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº de expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioSanción

BB+ CB (Francisco Lado Saavedra e Manuel Jesús Fdez. Pérez)E-27139740LU-E 419/0223-o) en relación

co 26-e) LO 1/92

Granxas 22, Covas (Pub BB+), Viveiro550 euros e 15 días de suspensión da licencia de apertura

BB+ CB (Francisco Lado Saavedra e Manuel Jesús Fdez. Pérez)E-27139740LU-E 393/0223-o) en relación

co 26-e) LO 1/92

Granxas 22, Covas (Pub BB+), Viveiro450 euros e 10 días de suspensión da licencia de apertura