Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de marzo de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona resolución de recurso de reposición pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Aida y Camilo Vilagarcía Aycavi, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de recurso de reposición pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo servicio Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena, 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de lunes a vernes.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de marzo de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Aida y Camilo Vilagarcía Aycavi, S.L.

NIF: B-36258978

R/ Foxo-Rubín, A Estrada

Resolución recurso de reposición.

Expte. XC-2268/99-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Liquidación: 10005171.

Providencia: 1360088785.