Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/161-2, 5949 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: A Coruña, 15007 A Coruña.

Denominación: desvío instalacións eléctricas en Ruxidoira.

Situación: Paradela.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV con lonxitude de 0,61 km con orixe na L.M.T.A. a C.T.I. Ruxidoira conductor tipo R.H.V. e final no C.T. proxectado Ruxidoira. C.T. no prefabricado con potencia de 250 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T.A. con lonxitude de 0,161 km con orixe na R.B.T. proxectada de C.T. proxectado en Ruxidoira conductor tipo R.Z. R.B.T. con lonxitude de 0,13 km con orixe no C.T. proxectado en Ruxidoira e conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 14 de marzo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo