Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de decembro de 2002 pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se declara a utilidade pública, en concreto, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Álabe-Labrada e se declara a súa compatibilidade co permiso de investigación denominado Togiza 5531 e coa solicitude de concesión de explotación Togiza 5531.2. (Expediente 061/EOL).

Advertido un erro na resolución arriba epigrafiada, publicada no DOG nº 15, de data 23-1-2003, cómpre realiza-las seguintes correccións:

1. Na páxina 885, fundamento de dereito primeiro-primeira liña, onde di: «A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas...», debe dicir: «A Consellería de Industria e Comercio...».

2. Na páxina 886, fundamento de dereito terceiro, segundo parágrafo-primeira liña, onde di: «Esta dirección xeral...», debe dicir: «Esta consellería...».