Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de marzo de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Sociedad Vitivinícola Carabuxeira, S.L. e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións complementarias pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Vilagarcía de Arousa en aplicación do artigo 120 e seguintes e concordantes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, en horario de 9 a 14 horas, de luns

a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo: rúa Alcalde Rei Daviña, 3-1º B e C, Vilagarcía de Arousa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de marzo de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Sociedad Vitivinícola Carabuxeira, S.L.

DNI: B-36417590.

Rúa Castelao, 17-1º, oficina D.

Vilagarcía de Arousa

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados.

Expediente: 3826/2002.

Liq.: 600021036991.

Catalina de Erauso, S.L.

DNI: B-80777709.

Rúa Castelló, 84.

Madrid

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados.

Expediente: 4351/2002.

Liq.: 600021133263.

Muñiz Martínez Juan Antonio.

DNI: 35437447-J.

Rúa Juan XXIII, nº 6-5º A.

Vilagarcía de Arousa.

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados.

Expediente: 4820/2002.

Liq.: 600021145462.