Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.276

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro) pola que se modifica unha resposta do cuestionario correspondente ó primeiro exercicio, tipo test, quenda de promoción interna.

Detectado erro na pregunta que de seguido se relaciona, correspondente ó cuestionario do primeiro exercicio, tipo test, da fase de oposición do proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), da quenda de promoción interna, e para garantir que na citada proba debe permitirse, en todo caso, que se poñan de manifesto as condicións do coñecemento e aptitude dos aspirantes, o tribunal, en sesión ordinaria celebrada no día 23 de abril de 2003, adoptou o seguinte acordo:

Modifica-la resposta dada en principio como correcta da pregunta 71, do cuestionario correspondente ó primeiro exercicio, tipo test, da fase de oposición do proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial

de Galicia número 199, do 15 de outubro), da quenda de promoción interna, que queda establecida na seguinte: 71.b).

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2003.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal