Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.274

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas de informática.

Por Resolución do 10 de marzo de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 53, do 17 de marzo, apróbanse as relacións provisionais de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas de informática.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 20 de decembro de 2002, publi

cada no Diario Oficial de Galicia nº 250, do 27 de decembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas de informática.

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no Servicio de Información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base I.3.1, os aspirantes excluídos disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome, apelidos, NIF, grupo ó que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Relación definitiva de excluídos

NOMEDNIDISCAPACITADOSEXCLUSION

BERNAL MODIA, EVA MARIA33294202TNON20

FERNANDEZ BAHAMONDE, CESAREO76717371CNON55

HERVELLA GOMEZ, FERNANDO33283970ANON21,55

LATA VILLOCH, SUSANA44836795CNON55

LOMA - OSORIO ESPARZA, ESTHER30630926DNON55

LOPEZ FARIÑA, MARIA DEL MAR52497404LNON34

MARTINEZ LOZANO, MAITE20179511RNON53

NUÑEZ PARDO DE VERA, MARIA ROSA33289977FNON51

RECOUSO FERNANDEZ, INES MARIA33331810ASI35

RIVAS MARTINEZ, SERGIO36140985GNON55

RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JAVIER35570792GSI35,55

NOMEDNIDISCAPACITADOSEXCLUSION

ROMERO SAMBADE, JUANA MARIA33280687DNON41

VEGA DE VEGA, EMILIANO HECTOR DE33324671VNON55

Causas de exclusión:

20 Taxas non aboadas

21 Importe das taxas ingresadas inferior ó estipulado

34 Instancia incorrecta (instancia non orixinal)

35 Non presentar certificación de compatibilidade coas funcións propias do corpo

41 Non especifica-la forma de acceso

51 Instancia incorrecta (instancia non orixinal)

53 Falta do DNI ou DNI incorrecto

55 Non cumprir ou acredita-lo requisito de titulación