Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2003, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala (Metalgráfica Látex, S.A.).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio, comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra o debedor que se sinala na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. No devandito expediente practicouse dilixencia de embargo sobre o ben que aparece como propiedade do debedor; dilixencia que non lle puido ser notificada ó interesado malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Do embargo que se cita tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázase o interesado, ou o seu representante, para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17, 1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 20 de febreiro de 2003.

Nazario Villalva Montero

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData da

dilixencia

Descrición do ben

Metalgráfica Látex, S.A.A1501156211-2-2003Predio 2465713NH5926S0001EI; Rex. Prop. Catastro