Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dos servicios de mantemento e programación do sistema de xestión municipal Ágora. (Expediente 03/2275 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: servicios de mantemento e programación do sistema de xestión municipal Ágora.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: dous anos, prorrogables según o previsto na cláusula 6 do prego.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento 1ª anualidade: 90.000 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n 5º, 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións: data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 9 de abril de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña