Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de poxa de obras.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación da obra que a seguir se relaciona:

-Vestiarios para campo de fútbol de Lendoiro, Cecebre. Orzamento: 72.375,47 A, IVE incluído.

O anuncio de licitación publicouse no BOP da Coruña nº 85, do 12 de abril do ano no que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no Departamento de Secretaría, no primeiro andar da casa do concello, e na páxina web: http://www.cambre.org/publicaciones, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oitos días, de conformidade co establecido no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de trece días naturais a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 14 de abril de 2003.

P.D. (R.A. 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente de alcalde