Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/71-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. A Rotea-Couselo.

Situación: concello do Rosal.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor tipo LA-56, de 152 m de lonxitude, desde o apoio da derivación ó C.T. Galiflor ata o apoio nº 2 proxectado, onde continúa a L.M.T. subterránea, de 500 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., ata o C.T. proxectado de 160 kVA, R/T 20 kV-380/220 V, en Couselo, concello do Rosal. Dúas R.B.T., unha aérea e outra subterránea, de 200 e 40 m de lonxitude, respectivamente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra