Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.077

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde do 30 de xuño de 1992 pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación, así como os anexos I e II da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Anualmente, a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, realiza unha serie de modificacións no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, que obriga a revisa-la codificación das tarifas das taxas para efectos da súa xestión.

Cómpre asignar así mesmo, para a eficacia de xestión das taxas e dos prezos, a codificación de novos servicios. Así mesmo, a recente modificación da estructura orgánica da Xunta de Galicia e dos seus departamentos esixe a revisión da referida codificación.

Do mesmo xeito, os procesos de fusións realizados polas distintas entidades financeiras obriga, da mesma maneira, á actualización do anexo correspondente no que se relacionan as referidas entidades.

Por outra banda, diversas normas dictadas ó longo dos anos 2001 e 2002 inciden directamente en aspectos de taxas e prezos que cómpre revisar.

É o caso da Orde do 14 de novembro de 2002 pola que se derroga a do 31 de xaneiro de 1997, de aprobación dos prezos privados para a utilización do sistema Igatel del Instituto Galego de Promoción Económica.

Esta norma obriga á supresión do código do prezo 36.05.00 Servicios Igatel.

O parágrafo 2 da disposición adicional da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de

verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación, engadido pola orde da Consellería de Economía e Facenda, do 24 de marzo de 1998, pola que se modifican as ordes da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992 e do 29 de xuño de 1994, autoriza a Dirección Xeral de Tributos a actualiza-los anexos V, VI e VII da propia Orde do 30 de xuño de 1992.

Así mesmo, a disposición adicional terceira da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, engadida pola orde da Consellería de Economía e Facenda, do 24 de marzo de 1998 citada autoriza a Dirección Xeral de Tributos a actualiza-los anexos I e II desta, mediante resolución.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo 2 da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992, e da disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994 referidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Substituí-lo anexo V da Orde do 30 de xuño de 1992 polo que se relaciona a seguir:

Códigos de consellerías e servicios

04 Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública

01 Secretaría

02 Escola Galega de Administración PúblicaOA

03 Secretaría Xeral do Presidente

04 Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia

11 Diario Oficial de Galicia

12 Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior

15 Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos

05 Economía e Facenda

01 Secretaría

02 Instituto Galego de EstatísticaOA

03 Instituto Galego de Promoción EconómicaOA

04 CIXTECOA

06 Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

01 Secretaría

02 Transportes

03 Instituto Galego de Vivenda e SoloOA

04 Estradas

06 Urbanismo

10 Grupo de PortosOA

07 Educación e Ordenación Universitaria

01 Secretaría

03 Ensinanzas Medias

08 Innovación, Industria e Comercio

01 Secretaría

02 Minas

03 Administración Industrial

05 Instituto Galego de ConsumoOA

06 Comercio

07 Instituto Enerxético de Galicia (Inega)OA

08 Enerxía

09 Investigación e Desenvolvemento

09 Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

01 Secretaría

02 Supervisión de Proxectos

03 Contratación

04 Infraestructuras Agrarias

05 Formación Agraria

06 Centro de Investigacións Agrarias

07 Axudas Estructurais

08 Industria e Comercialización Agroalimentaria

09 Sanidade e Producción Animal

13 Fomento Cooperativo

14 Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga)OA

15 Sanidade vexetal

16 Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)OA

10 Cultura, Comunicación Social e Turismo

01 Secretaría

02 Instituto Galego de Artes Escénicas e MusicaisOA

03 Arquivos e museos

04 Comunicación e Audiovisual

05 Turismo

06 Servicio de Patrimonio

11 Sanidade

01 Secretaría

02 Planificación e Ordenación

03 Sergas-SecretaríaOA

06 Sergas-FarmaciaOA

08 Saúde Pública

09 Fundación Pública Hospital da BarbanzaOA

10 Fundación Pública Hospital Virxe da XunqueiraOA

11 Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia-061OA

12 Fundación Pública Centro Transfusión de GaliciaOA

13 Fundación Pública Instituto Galego de OftalmoloxíaOA

14 Fundación Pública Hospital de VerínOA

15 Fundación Pública Hospital do SalnésOA

16 Inspección sanitaria

17 Protección á saúde

18 Promoción da saúde

12 Pesca e Asuntos Marítimos

01 Secretaría

02 Acuicultura (S.C.)

03 Marisqueo (S.C.)

04 Pesca (S. C.)

05 Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro

06 Recursos Mariños

07 Estructuras e mercados da pesca

08 Centro de Control do Medio Mariño

09 Usos do litoral

13 Xustiza, Interior e Administración Local

01 Secretaría

02 Xogo

10 Academia Galega de SeguridadeOA

11 Protección Civil

12 Asociacións e Espectáculos Públicos

13 Administración Local

14 Interior

14 Familia, Xuventude e Voluntariado

01 Secretaría

02 Garderías

03 Xuventude

04 Tempo Libre

05 Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da MullerOA

06 Menores

07 Servicios Sociais

08 Familia, Infancia e Adolescencia

09 Deportes

15 Medio Ambiente

01 Secretaría

02 Montes e Industrias Forestais

03 Defensa contra Incendios

04 Espacios naturais e biodiversidade

05 Recursos cinexéticos e piscícolas

06 Protección Ambiental

07 Fomento e Control de Calidade Ambiental

08 Control e Xestión de Residuos

09 Laboratorio Medio Ambiente de Galicia

10 Centro de Investigacións Forestais

11 Servicio Técnico Xurídico

12 Augas de GaliciaOA

13 Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos de GaliciaOA

14 Inspección e Intervención Ambiental

16 Consello Consultivo de Galicia

01 Secretaría

17 Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais

01 Secretaría

02 Servicios Sociais

03 Dirección Xeral de Relacións Laborais

04 Consello Galego de Relacións Laborais

18 Emigración

01 Secretaría

Segundo.-Actualiza-lo anexo VI da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, codificando a tarifa da taxa por servicios administrativos que a seguir se relaciona, inseríndoa no lugar que lle corresponda segundo a orde preestablecida:

30.33.00. Rexistro da propiedade intelectual

Terceiro.-Actualiza-lo anexo VII da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, que queda como segue:

Banco Atlántico.

Banesto.

Banco Etcheverría.

Banco Gallego.

Banco Simeón.

BSCH.

Banco Pastor.

Banco Popular.

Banco Sabadell.

Banco de Galicia.

BBVA.

Banco Herrero.

Caixa Catalunya.

Caixa Nova.

Caixa Galicia.

Caja España.

La Caixa.

Caixa Rural Lugo.

Caja Madrid.

Cuarto.-Actualiza-lo anexo I da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 29 de xuño de 1994 do xeito seguinte:

A) Engadi-los códigos relacionados a seguir, inseríndoos no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

36.16.01. Venda de doses seminais

36.16.02. Venda de exemplares bovinos

36.16.03. Venda de exemplares aviares

B) Suprimi-los códigos relacionados a seguir:

36.05.00. Servicios Igatel

36.08.00. Residencia de Estudiantes San Lázaro

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos