Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria do día 27 de febreiro de 2003, acordou aproba-la inclusión na relación de propietarios afectados do proxecto técnico de expropiación, para a construcción de paso inferior baixo á N-525. Saneamento e beirarrúas no núcleo do Eixo, parcela 15-B.

En cumprimento do disposto nos artigos 56 e seguintes do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, o concello expón ó público o referido proxecto de expropiación, co fin de que, no prazo dos quince días que seguen á publicación deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e na prensa local, os interesados poidan formula-las alegacións que estimen oportunas (o prazo contarase desde o último anuncio que se publique ou desde a notificación individual, se esta fose posterior).

Este edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

Relación de bens e dereitos afectados:

Situación: O Eixo.

Parcela número: 15-B.

Propietario: Eduardo Sánchez Rosende.

Enderezo: rúa Rocheira, 34.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2003.

Xosé Antonio Sánchez Bugallo

Alcalde