Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

1. Entidade adxudicadora: o Concello de Ferrol por acordo plenario do 30-1-2003 aprobou a licitación pública da concesión sobre o dominio público do quiosco destinado á venda de flores do cemiterio municipal de Catabois. A dependencia que tramita o expediente administrativo é o Negociado de Patrimonio. Número de expediente: 002-03.

2. Obxecto do contrato: é obxecto deste concurso a concesión para a explotación dun quiosco destinado á venda de flores e outros útiles propios do ornato do cemiterio, dunha superficie de 12 m (3 mx4 m), de acordo coas condicións que se fixan nas bases. A relación xurídica entre esta Administración e o futuro adxudicatario será a de concesión administrativa sobre bens de dominio público. A concesión faise por quince anos, transcorridos os cales o quiosco reverterá ó concello, quedando cancelados tódolos dereitos da concesión, facendo unha nova adxudicación se o concello o estima conveniente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: 1.803,4 euros anuais.

5. Garantía provisional: 50,72 euros.

6. Obtención de documentación e información: Negociado de Patrimonio do Concello de Ferrol, praza de Armas, s/n, 15071 Ferrol, teléfono: 981 33 67 06, fax: 981 35 41 22. A documentación e información poderase obter ata a finalización do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos del contratista: solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 do R.D.L. 2/2000. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios referidos no artigo 16 do R.D.L. 2/2000.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación: a data límite de presentación poderá facerse durante o prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da publicación do último anuncio nos boletíns oficiais.

Documentación que hai que presentar:

Sobre A) Documentación administrativa.

A) Documento acreditativo da capacidade das empresas.

A.1) Persoas físicas: fotocopia do DNI e NIF debidamente compulsados.

A.2) Persoas xurídicas: escritura de constitución e modificación, se é o caso, inscritas no Rexistro Mercantil, cando este requisito fora esixible conforme a lexislación mercantil que lle sexa aplicable.

Se non fose: escritura ou documento de constitución, de modificación estatutos ou acto fundacional, no que conste as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso no correspondente rexistro oficial.

Fotocopia da tarxeta de código de identificación fiscal (CIF) debidamente compulsada.

B) Poder e verificación da suficiencia.

Cando o licitador non actúe en nome propio ou se trate de sociedade ou persoa xurídica deberá xuntar «poder notarial» para representa-la persoa ou entidade. O poder deberá verificalo na súa suficiencia o secretario xeral da corporación ou funcionario habilitado.

Así mesmo, xuntarase fotocopia compulsada do documento nacional de identidade do apoderado ou apoderada.

C) Proba de non atoparse incursa en prohibición para contratar coa Administración.

Poderá realizarse por calquera destes medios:

-Mediante testemuña xudicial ou certificación administrativa.

-Declaración responsable outorgada perante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo oficial cualificado, de non estar incurso o licitador en ningunha das prohibicións para contratar establecidas no artigo 20 do R.D.L. 2/2000.

D) Alta no IAE (imposto de actividades económicas) e último recibo de pagamento: fotocopia compulsada de ata e do último recibo do IAE, con indicación do epígrafe ou epígrafes correspondentes a clase (municipal, provincial ou nacional), este último requisito (recibo) non será esixible cando a alta sexa recente e non xurdise aínda a obriga de pagamento.

E) Certificación acreditativa de estar ó día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social: certificación ou documento acreditativo de que o contratista está ó día no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social. Non obstante, os licitadores poderán presentar unha declaración responsable na que se faga constar que a empresa está ó día no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, sen prexuízo de que durante o prazo de presentación soliciten coa maior urxencia a correspondente certificación da Administración tributaria e da Seguridade Social, co obxecto de podela presentar no prazo máximo de 5 días hábiles, a que se refire o artigo 79.2º b) do R.D.L. 2/2000.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica acreditarase por calquera dos medios referidos no artigo 16 do R.D.L. 2/2000.

H) Garantía provisional.

Sobre B) Oferta económica.

Recollerase a oferta económica co seguinte teor:

«Don/a...., maior de idade, con enderezo en...., DNI nº.... en nome propio (ou en representación de.... como acredita por.... informado/a da convocatoria do concurso para a adxudicación da concesión dun quiosco de propiedade municipal sito no exterior do cemiterio de Catabois; anunciada no BOP e no Diario Oficial de Galicia, ofertando un canon anual por importe de.... A, de acordo co prego de cláusulas económico-administrativas.

Lugar, data e sinatura»

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Ferrol de 9 a 13.30 horas, (excepto sábados de 9 a 13 horas) praza de Armas, s/n, Ferrol CP 15071.

Prazo que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas: nas dependencias do concello nos termos que se sinalarán.

10. Gastos de anuncios: serán de conta do adxudicatario.

Ferrol, 11 de febreiro de 2003.

Xaime Bello Costa

Alcalde