Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos expedientes de contratación C.P. 20 e 21/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, acorda darlle publicidade á adxudicación dos seguintes contratos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra j) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo; rúa Doutor Severo Ochoa, s/n, 27004 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministración. Teléfono: 982 29 61 40, fax: 982 21 29 24.

c) Número dos expedientes: C.P. 20/2002 e 21/2002.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: contratación de subministracións.

b) Descrición do obxecto:

C.P. 20/2002: subministración dun monitor para tratamentos extrarrenais e continuos (lote nº 1), dun respirador volumétrico (lote nº 2) e dun criostato para corte de pezas anatómicas (lote nº 3).

C.P. 21/2002: subministración de lencería e vestiario.

c) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia:

C.P. 20/2002: DOG nº 202, do 18 de outubro de 2002.

C.P. 21/2002: DOG nº 239, do 12 de decembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

C.P. 20/2002: sesenta mil cen euros (60.100 A) (IVE incluído).

C.P. 21/2002: cento once mil oitocentos cincuenta euros (111.850 A) (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data:

C.P. 20/2002: 5 de decembro de 2002.

C.P. 21/2002: 22 de xaneiro de 2003.

b) Contratista:

C.P. 20/2002.

Lote nº 1. Hospal, S.A.

Lote nº 2. Hamilton Medical España, S.A.

Lote nº 3. Comercial Hospitalaria Grupo-3, S.L.

C.P. 21/2002.

Lote nº 1. Euroma, S.A.

Lote nº 2. Euroma, S.A.

Lote nº 3. Euroma, S.A.

Lote nº 4. Euroma, S.A.

Lote nº 5. Euroma, S.A.

Lote nº 6. Euroma, S.A.

Lote nº 7. El Corte Inglés, S.A.

Lote nº 8. Euroma, S.A.

Lote nº 9. Euroma, S.A.

Lote nº 10. Eugenio Ales Llamas, S.A.

Lote nº 11. Albazul, S.A.

Lote nº 12. Albazul, S.A.

Lote nº 13. Iturri, S.A.

Lote nº 14. Iturri, S.A.

Lote nº 15. Iturri, S.A.

Lote nº 16. Iturri, S.A.

Lote nº 17. El Corte Inglés, S.A.

c) Importe da adxudicación:

C.P. 20/2002.

Lote nº 1. Dezaoito mil trinta euros (18.030 A) (IVE incluído).

Lote nº 2. Vintecatro mil euros (24.000 A) (IVE incluído).

Lote nº 3. Dezaoito mil dez euros (18.010 A) (IVE incluído).

C.P. 21/2002.

Lote nº 1. Mil trescentos dezasete euros (1.317 A) (IVE incluído).

Lote nº 2. Doce mil setecentos cincuenta euros (12.750 A) (IVE incluído).

Lote nº 3. Seis mil cincocentos sesenta euros (6.560 A) (IVE incluído),

Lote nº 4. Tres mil douscentos oitenta euros (3.280 A) (IVE incluído).

Lote nº 5. Douscentos trinta e sete euros con cincuenta céntimos (237,50 A) (IVE incluído).

Lote nº 6. Douscentos trinta e sete euros con cincuenta céntimos (237,50 A) (IVE incluído).

Lote nº 7. Dous mil douscentos sesenta e catro euros (2.264 A) (IVE incluído).

Lote nº 8. Mil cento cincuenta e tres euros con cincuenta céntimos (1.153,50 A) (IVE incluído).

Lote nº 9. Mil cento cincuenta e tres euros con cincuenta céntimos (1.153,50 A) (IVE incluído).

Lote nº 10. Cinco mil corenta euros (5.040 A) (IVE incluído).

Lote nº 11. Dous mil oitocentos noventa euros (2.890 A) (IVE incluído).

Lote nº 12. Oito mil cen euros (8.100 A) (IVE incluído).

Lote nº 13. Corenta e tres mil novecentos vinte euros (43.920 A) (IVE incluído).

Lote nº 14. Dous mil euros (2.000 A) (IVE incluído).

Lote nº 15. Catro mil catrocentos euros (4.400 A) (IVE incluído).

Lote nº 16. Seis mil euros (6.000 A) (IVE incluído).

Lote nº 17. Mil novecentos dez euros (1.910 A) (IVE incluído).

Lugo, 3 de marzo de 2003.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo