Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores en materia de pesca OU-160/2002-P e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución do expe

diente sancionador por presunta infracción á Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992, do 24 de xullo (DOG nº 151, do 5 de agosto).

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 10 de marzo de 2003.

Míriam Areal López

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente: OU-160/2002-P.

Denunciado: David Sarmiento de la Riva.

DNI: 10088551-S.

Derradeiro enderezo coñecido: Batalla de Roncesvalles, 10-2º A. 24400, Ponferrada, León.

Feito denunciado: pescar en día inhábil.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 33.9º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 60,10 A.

-Expediente: OU-167/2002-P.

Denunciado: José Ángel González García.

DNI: 9358362-F.

Derradeiro enderezo coñecido: r/ Manuel Martínez Sueiro, 13-4º B. 32002 Ourense.

Feito denunciado: non levar consigo a licencia de pesca nin documento acreditativo da súa identidade.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 33.1º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 60,10 A.

-Expediente: OU-177/2002-P.

Denunciado: Ricardo Felipe da Mota Malheiro.

DNI: 11974909.

Derradeiro enderezo coñecido: Soutelo. Vila Verde, Portugal.

Feito denunciado: pescar sen licencia de pesca. Pescar en día inhábil.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 34.1º e 33.9º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 300,52 A, retirada da licencia e inhabilitación para obtela durante un ano.