Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 14 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 11 de febreiro de 2003 dictada no expediente sancionador LU-30/2002, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ó interesado que a seguir se relaciona a resolución da Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Lugo, dictada no expediente sancionador en materia de turismo número LU-30/2002, incoado ó titular do establecemento de café bar denominado Mirador, situado na estrada de Santiago de Compostela, no lugar do Picato do concello de Guntín (Lugo), xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva.

Expediente: LU-30/2002.

Denunciado: José de Carmen Pujols Morillo.

Establecemento: Café Bar Mirador.

Enderezo: lugar do Picato.

Localidade: Guntín.

Feitos denunciados: carecer de documentación turística de obrigatoria exposición pública.

Precepto infrinxido: artigo 16 da Lei 9/1997.

Tipificación da infracción: artigo 86.2º da Lei 9/1997.

Resolución: 11 de febreiro de 2003.

Sanción: multa de 90 euros.

Lugo, 14 de marzo de 2003.

Antonio Calvo Varela

Delegado provincial de Lugo