Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e CC.TT. urbanización Paraíso.
Situación: Oleiros.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 580 m
de lonxitude, con orixe e final no tramo de liña existente entre C.T. Ramón Cabanillas e C.T. Industrias Castaño, unha vez entre e saia dos CC.TT. nº 1 e 2 da urbanización Paraíso, que se vai instalar.
Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, na urbanización Paraíso, denominados nº 1 e 2 de 400 kVA e de 630 kVA, respectivamente e tensións de 15/0,380-0,220 kV. Concello de Oleiros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 10 de marzo de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña