Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.039

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (44/2003).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 44/2003 seguido no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo se acordou citar a Vd., co fin de que o vindeiro día trinta de abril de dous mil tres, ás 10.20 horas, asista na sala de vistas á celebración do xuizo de faltas arriba indicado, seguido por liorta acontecida o día 7 de xaneiro de 2000, na discoteca La Factoría, e na que resultaron lesionados Alberto Nieto Salgado, Óscar Viña Romero, Óscar Fraga Canedo, Juan Antonio Nieto Recarey e Juan Manuel Parafita Guardado, en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer con tódolos medios de proba de que intente valerse no acto do xuízo (testemuñas, documentos, peritos...) e de que poderá acudir asistido de letrado, aínda que non é preceptivo.

Apercíbese que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa e recaerá sobre él o prexuizo a que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Esteban Blanco Picallo, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o 14 de marzo de 2003.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN