Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-471).

Por resolución desta Alcaldía nº 1233/2003, do 25 de marzo de 2003, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle na rúa da Barreira, s/n, en Perillo, tramitado por Jesús Lamas Villar y Hermanos, C.B.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, polo prazo de vinte días, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 2 de abril de 2003.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta