Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2003 aprobou definitivamente os proxectos de estatutos e bases de actuación da xunta de compensación presentados a esta Administración pola xunta xestora do polígono AEI 24 de Poeta Pérez Parallé, sendo os acordos adoptados os seguintes:

«Primeiro. Desestima-la alegación formulada por Marcos Blasco Suárez polas razóns expostas nos informes do arquitecto municipal que constan na parte expositiva.

Segundo. Estimar parcialmente as alegacións presentadas por Ricardo A. Pérez Carracedo, Constantino Freire Cabanas e Ricardo Guerreiro Ameneiros e por Nieves Dopico López, Constantino Seoane Dopico e Alfonso Seoane Dopico, e a presentada por Manuel Bouza Castro, Mª Sira Rivera Bouza, José Antonio Pérez Bouza, Darío Bouza Cao e Enrique Sequeiro Polo no senso de face-las correccións que constan na parte expositiva.

Terceiro. Aprobar definitivamente os proxectos de estatutos e de bases de actuación da xunta de compensación presentados a esta Administración pola xunta xestora do polígono AEI 24 de Poeta Pérez Parallé, incorporados ó expediente administrativo.

Cuarto. Face-las publicacións regulamentarias dos acordos con notificación individual ós propietarios e a quen comparecera no trámite de información pública, coa advertencia de expropiación e indicación dos recursos xurídicos procedentes.

Quinto. Designar como representante desta Administración no órgano rector da xunta de compensación da AEI 24 de Poeta Pérez Parallé, ó xefe da Sección de Facenda e Patrimonio, Joaquín Martínez Cubero».

Ignorándose o domicilio dos propietarios das parcelas con referencia catastral 1653228, 1653234, 1250310, 1452908 e 1551238, notifícanselles mediante deste edicto os acordos descritos anteriormente, conforme o establecido no art. 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou esta resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co disposto nos art. 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpor directamente recurso contencioso-administartivo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e na forma prevista no art. 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contenciosa-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 12 de marzo de 2003

Xaime Bello Costa

Alcalde